domingo, 22 de julio de 2007

Sobre min, aínda que debería ir na presentación.

Ben, primeira proba co blog, e primeiro erro cometido. Arquivadeo como un de moitos que virán.

Chámome Martiño, teño 24 anos e vivo en Galicia. Son licenciado en Historia pola universidade de Santiago de Compostela, e neste momento estou a preparar as oposicións de ensino secundario de historia desta comunidade, aínda que non descarto presentarme noutras comunidades autónomas, se a cousa non marcha ben en Galicia. Eso si, vou facer todo o posible por quedarme en Galicia. Penso que non podería vivir noutro sitio. Xa sei o que ides pensar, que son un localista nacionalista do peor, pero nada máis lonxe da realidade. Considérome cidadán do mundo, pero de tódolos sitios que teño visitado, en ningún me sentín tan ben como en Galicia.

Penso que xa dixen bastante para comezar. Teño varias entradas previstas, pero a miña vida real reclámame. Así que... sorte e ata outra.

A modo de presentación.


Ben, parecerá unha tontería pero penso que á hora de comezar un blog,o menos que merecen os posibles lectores é que o seu creador fale un pouco de si mesmo. Aínda que no futuro a miña intención é manterme na sombra, non sei en que rematará esta nova aventura virtual que comezo. Polo tanto, non vou elaborar un manifesto nin unha proposta de intencións do que quero facer, porque segurmante este espazo irá evolucionando co tempo.

Quero dicir, eso si, que este blog será bilingüe na súa maioría, sendo escritas as entradas en galego ou en castelán, segundo teña o día. Esa é a miña prerrogativa, e penso empregala.

Nada máis pola miña parte, moitas gracias pola atención, e agardo que o disfrutedes.