domingo, 22 de julio de 2007

Sobre min, aínda que debería ir na presentación.

Ben, primeira proba co blog, e primeiro erro cometido. Arquivadeo como un de moitos que virán.

Chámome Martiño, teño 24 anos e vivo en Galicia. Son licenciado en Historia pola universidade de Santiago de Compostela, e neste momento estou a preparar as oposicións de ensino secundario de historia desta comunidade, aínda que non descarto presentarme noutras comunidades autónomas, se a cousa non marcha ben en Galicia. Eso si, vou facer todo o posible por quedarme en Galicia. Penso que non podería vivir noutro sitio. Xa sei o que ides pensar, que son un localista nacionalista do peor, pero nada máis lonxe da realidade. Considérome cidadán do mundo, pero de tódolos sitios que teño visitado, en ningún me sentín tan ben como en Galicia.

Penso que xa dixen bastante para comezar. Teño varias entradas previstas, pero a miña vida real reclámame. Así que... sorte e ata outra.

5 comentarios:

Alba Messa dijo...

Paréceme a min que as nosas vidas personais (e máis se ámbolos dous somos estudantes) están por facernos crer que somos monxes de clausura. Pero todo remata (por sorte ou por desgraza).

Moitas grazas polo teu comentario, ogallá che siga gustando :D
Este luns adiántoche que será moi divertido ;)
Un bico grande!

xurxinho dijo...

Wen non te coñezo pero wen non abandoes atua terra senón quen quedara nela....saudos e boa sorte

Roberto dijo...

Uma agradável visita pr'a meu amigo o Martinho pilão. Como ves agora escrevo numa das minhas línguas; acho que falo e escrevo melhor em português vetónico que na língua comum.

Bicos e recietas de bica....

FraVernero dijo...

Carallo! Mira quen anda por aquí! O Martiño!

Son Manolo, da Serra, o que tamén estudou historia e ía ao voso piso a ver con Javi as sesións golfas 'Bud Spencer e Terence Hill'. Ou sexa que preparando as opos... Pero tes isto interrumpido dende o ano pasado, lacazán...

Un saúdo!

Martiño dijo...

Pois sí, a verdade é que a oposición estase a demostrar como un oso duro de roer. Non prometo que o blog volva a ter vida, pero tampouco que nalgún momento perda a cabeza e o retome.